DOUS MINIPUNTOS LIMPOS FIXOS PARA A RECICLAXE DE MINIRESIDUOS NA GUARDA

Na nosa vila existen diferentes puntos para tratar correctamente os diversos tipos de residuos.

O Punto Limpo permanece aberto de luns a sábado en verán, cun horario de atención ao público de 8:00 a 13:30h (agás os sábados, ata as 12:30h). Ao lado, o Punto Verde recolle restos de céspede e herba, e só os martes recolle restos de poda.

No Punto Limpo admítese papel e cartón, cristal, plástico duro e brando, residuos metálicos e voluminosos (mobles, colchóns…),entullo de pequenas obras domiciliarias, disolventes, pinturas e vernices, pilas, fluorescentes, madeira, plásticos agrícolas, cápsulas de café, radiografías, aceite vexetal de cociña e residuos de aparellos electrónicos e eléctricos.

NON se admite uralita, aparellos de pesca, extintores, rodas, materiais inflamables, explosivos ou radioactivos ou medicamentos. Para estes últimos existe nas farmacias o Punto SIGRE.

Hai ademais dous pequenos puntos limpos fixos para depositar pequenos residuos na praza de Abastos e na praza de Avelino Vicente. Pódense depositar residuos de aparellos eléctrico e electrónicos (como móbiles, cargadores, tablets…), lámpadas, cartuchos de impresora e tóner e pilas e baterías. No punto da praza de Abastos tamén se poden depositar cápsulas de café.

Con estas medidas, búscase aumentar a reciclaxe na Guarda e tamén axudar na limpeza das rúas da nosa vila. Ante calquera dúbida pódese enviar un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es.

Ver la noticia original en la web del Concello da Guarda

Ver la noticia en telemariñas.com
Ver la noticia en ValmiñorTV.com
Ver la noticia original en Infomiño Noticias

Macane

Reduce, reutiliza, y como última opción, recicla
Blipvert Recologics, 2025