O QUINTO MINIPUNTO LIMPO INSTALOUSE NO CONCELLO DE TEO, CONCRETAMENTE NO MILLADOIRO

É o caso de que Teo foi o primeiro concello de Galicia en instalar minipuntos limpos. Os veciños de Teo teñen este sistema de reciclaxe de material tecnolóxico nos Tilos, Montouto, Cacheiras e Milladoiro (2).

Os pequenos puntos limpos de Teo úsanse para reciclar residuos tecnolóxicos

Os datos de reciclaxe indican que Teo está preto de alcanzar as 10 toneladas de pequenos residuos reciclados. En concreto, ata agora recicláronse 9.320,7 kg en Teo. Unha cifra a valorar moi positivamente xa que son pequenos residuos que pesan moi pouco, pero poden chegar a ser moi contaminantes. Por exemplo: unha pila de botón pode pesar só un gramo, pero é capaz de contaminar ata 600.000 litros de auga.

Este servizo non implica custos económicos para as arcas teenses. Isto é posible porque a xestión e o mantemento son responsabilidade da empresa instaladora, RECICLAXES BLIPVERT GALICIAque tamén promove as empresas locais nos minipuntos limpos.